Aínda que as cámaras de vídeo compactas normalmente non destacan pola súa calidade de imaxe, este factor vai corrixíndose paulatinamente, e así Sanyo anuncia a súa cámara dual (capaz de gravar vídeo e tomar fotografías de calidade) VPC-PD2BK, que cun tamaño semellante ao dun mazo de naipes é capaz de gravar vídeo en alta definición (de 1.920 x 1.080 píxeles a 30 imaxes por segundo en formato MPEG-4 AVC/H.264) con son estéreo e tomar imaxes de 10 Mpíxeles, ao que hai que engadir o feito de que inclúe un zoom óptico de 3x, algo pouco habitual en dispositivos de tamaño tan reducido e prezo económico (a cámara venderase a partir de setembro nos EE.UU. por 169,99 dólares).
A cámara grava en tarxetas de memoria SD, SDHC e SDXC (de ata 64 Gb), conta con saída de mini-HDMI para poder ver as nosas gravacións nun televisor de alta definición, pantalla de 2 polgadas, e carga a súa batería interna por USB (co conector correspondente agochado no seu interior cando non o utilizamos).
Nova cámara dual de peto de Sanyo con zoom óptico de 3x
Compartir Este Artigo

