Non todos os artistas poden aspirar a ter un videoxogo musical para Xbox 360 ou PlayStation 3 como Metallica, The Beatles, Van Halen, Aerosmith ou Green Day, pero se botamos a vista ao iPhone a cousa cambia, posto que o xogo Tap Tap Revenge (un popular clon do Guitar Hero) pode adquirirse en versións personalizadas con paquetes de cancións, de xeito que agora podemos mercar por 3,99 euros Katy Perry Revenge, un xogo musical para iPhone e iPod Touch cunha aparencia gráfica adaptada ao estilo da popular cantante norteamericana Katy Perry, e que incorpora cancións coma I Killed A Girl, Hot’n Cold, Waking Up In Vegas, California Gurls ou Teenage Dream (que poden importarte ao Tap Tap Revenge 3).
Amais, os usuarios do xogo poden acceder a un chat exclusivo sobre Katy Perry, para estar en contacto con outros seareiros da cantante, e acceder a unha colección exclusiva de imaxe da mesma, así coma outros contidos adicionais.
A saga de Tap Tap Revenge amplía así o seu catálogo de intérpretes, entre os que xa estaban Nirvana, Metallica, Lady Gaga, Coldplay e outros.
Katy Perry estrea xogo musical para o iPhone
Compartir Este Artigo

