Que o xogo Marvel vs Capcom 3 ía contar coa presenza do Capitán América era algo do que non parecía haber dúbidas, pero para deixar clara a presenza deste personaxe tan representativo dende Capcom veñen de estrear un trailer do xogo de loita que chegará na primavera de 2011 no que podemos ver unha espectacular secuencia no helitransporte de SHIELD no que o Dr. Doom e o Super-Skrull atacan a un helicóptero no que viaxa Chun-Li, aparecendo o Capitán América para salvar a situación valéndose do seu escudo indestrutible. Despois únense á acción Trish (Devil May Cry), Tron Bonne (personaxe de Mega Man que no 2000 tivo un xogo de seu, e que confirma así a súa aparición neste novo xogo), Viewtiful Joe a lombos de Amaterasu, Iron Man e Felicia (Darkstalkers). Toda unha colección de personaxes que compoñen unha secuencia cinemática impresionante que fuxe da sucesión de combates un contra un que podiamos ver en anteriores trailers do xogo e que non son tan atractivos como a narración de historias que parece que nos deixarán ver nos vindeiros avances deste título ao que aínda quedan varios meses de desenvolvemento pero que, polo que puido verse en feiras de videoxogos, promete ser un dos grandes xogos de 2011 coma Street Fighter IV foi en 2009.
O novo trailer de Marvel vs Capcom 3
O Capitán América e Tron Bonne confirman a súa presenza en Marvel vs Capcom 3
Compartir Este Artigo

