A Consellería de Educación vén de presentar perante profesores galegos as vantaxes e funcionalidades dunha aula equipada a través do proxecto Abalar, iniciativa do dito departamento da Xunta dirixida a integrar o uso das novas tecnoloxías da información no día a día das escolas. A demostración escenificouse perante os directores dos centros nos que se vai implantar ese curso 2010-2011 o programa.
O acto desenvolveuse no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, e contou coa presenza do director xeral de Educación, José Luis Mira, quen explicou de primeira man o funcionamento destas aulas, que entre outros equipamentos incluirá un encerado dixital, un carriño de carga para os ordenadores do alumnado e un equipo informático para o profesor. Polo que respecta aos ultraportátiles que empregarán as nenas e os nenos dos centros galegos, dicir que incorporan pantalla táctil e achegan unha resolución de imaxe semellante á das pantallas de 11,6 polgadas.
Directores de colexios galegos puideron coñecer de primeira man un modelo de aula Abalar
Compartir Este Artigo
