
Esta última iniciativa é unha ferramenta orientada aos escolares para que poidan buscar información para realizar os seus traballos e comentar o estudo das materias, divertirse xogando no tempo de lecer e comunicarse con persoas doutros lugares. Contará cun orzamento de 36.000 euros e busca implicar tanto a profesores coma pais na navegación responsable dos escolares. O Plan Navega con Rumbo contará tamén cunha páxina web específica do programa na que estarán dispoñibles os materiais impresos e un xogo no que instrúa aos cativos de xeito ameno cómo navegar pola web.
As xornadas que organizará o CPEIG, e aos que destinarán 18.000, 13.000 e 13.000 euros respectivamente serán sobre Protección de datos de Carácter Persoal (para un público en xeral), Auditoría Informática (para profesionais do sector) e Dirección e Xestión de Proxectos Informáticos (para profesionais con responsabilidades directivas).
Tamén haberá unha xornada para presentar os resultados dun estudo sobre a situación actual da sinatura electrónica, que incluirá unha análise dos elementos e entidades que interveñen na mesma e para o que Modernización achegará 22.000 euros.
Modernización contribuirá con 112.000 euros ás actividades do CPEIG
Compartir Este Artigo
