As memorias USB son xa un produto de consumo tan habitual que resulta moi difícil facer destacar un modelo, de aí que haxa fabricantes que opten por modelo de tamaño hiper-reducido ou con forma de chave, e nesta mesma liña anuncian agora as Verbatim Clip-It, que chegan en capacidades de 2 e 4 Gb, distintas cores, tamaño e peso reducidos e unha forma de clip para poder suxeitarse nun papel ou nunha tarxeta, facilitando o seu transporte e almacenamento.
Este concepto de tarxetas de memoria USB vén de ser recoñecido cun premio Best of the Best da xermana Red dot.
Memorias USB con forma de clip
Compartir Este Artigo

