
O encontro apoiouse na presentación de salientables casos de éxito, Granxafamiliar.com e Galiciaautentica.org, ámbolos dous portais impulsados por GIS-T Idega. A idea deste grupo foi achegarlles aos responsables do cultivo e venda destes produtos ecolóxicos unha formación específica en comunicación cos consumidores.
A xornada celebrouse o xoves no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia. Logo da apertura, o director de granxafamiliar.com e integrante do dito grupo, Carlos Ferrás, presentou a experiencia acumulada neste eido polo proxecto que dirixe. Logo interveu Antonio Elizagaray, fundador da primeira tenda de alimentación ecolóxica da cidade de Pamplona, e máis tarde falou Manuel Ares, fundador dun establecemento dedicado á venda destes produtos en Monforte, que falou sobre a xestión do punto de venda.
O relatorio A comercialización dos produtos ecolóxicos, a cargo de Javier Mendia, xerente de Gumiel y Mendía de Lodosa Navarra, e a celebración dunha mesa redonda sobre os asuntos abordados ao longo do día, puxeron o broche ás xornadas.
Os responsables de granxafamiliar.com buscan en Santiago novos xeitos de distribuír produtos ecolóxicos
Compartir Este Artigo
