Dende Panasonic parecen empeñados en popularizar as 3D na gravación de vídeo e na toma de imaxes fotográficas, e tras o anuncio da primeira cámara estereoscópica para o mercado doméstico, a HDC-SDT7500, agora sorprenden cunha lente para as cámaras LUMIX G, de xeito que quen teña unha desta cámara micro catro terzos poderán empregar a nova lente que funciona coma uns binoculares ultra-compactos de xeito que empregan un único sensor para captar as imaxes correspondentes a ambos ollos, de xeito que pode recrearse logo a visualización estereoscópica, por exemplo, en televisores VIERA con capacidades 3D ou en reprodutores Blu-ray 3D.
A nova lente (actualmente en fase de prototipo) sairá ao mercado antes de rematar o ano, e é de agardar que veña acompañada cunha actualización do firmware das cámaras LUMIX G para xerar arquivos compatibles cos sistemas 3D que vaia xurdindo no mercado.
Panasonic comercializará lentes para adaptar ás 3D as súas cámaras micro catro terzos
Compartir Este Artigo

