A Deputación de Lugo inaugurou o pasado mércores unha actividade divulgativa e formativa sobre o emprego do DNI electrónico na administración pública. O curso, que foi impartido por INTECO (instituto do Ministerio de Industria) e que é o primeiro paso dunha serie que se prevé longa, dirixiuse a preparar o máximo posible á cidadanía galega perante a chegada da administración aberta as 24 horas, iniciativa da Deputación posta en marcha ao abeiro do seu programa Innova-TE e que conta cun investimento de 9 millóns de euros. Na apertura da actividade divulgativa participou o presidente do órgano provincial, José Ramón Gómez Besteiro, quen fixo fincapé no papel que vai xogar o cidadán de a pé neste proceso de dixitalización dos procesos comunicativos coas institucións públicas que participan en Innova-Te: un papel de beneficiario que, sinalou, estará en disposición de ver cómo se lle permiten realizar 120 trámites antes do verán de 2011.
Detrás do Innova-TE, sinalou a Deputación, existe un enorme esforzo de todo o equipo: técnicos da Deputación, técnicos municipais dos municipios da provincia e persoal da UTE encargada de executalo –mais de 70 persoas- que, coordinadas pola empresa Mnemo, contan coa colaboración de importantes multinacionais como Fujitsu, Software AG e Novasoft. O presidente da Deputación tamén salientou que “estamos en mans das mellores empresas de tecnoloxías no mundo para que, coa implicación de todos os veciños, logremos que Lugo teña unha administración sen papel en 2011 ”. Por certo que na primeira xornada formativa que inclúe o programa participaron máis de 300 persoas. A Deputación, neste senso, ten previsto organizar máis de 200 perante a vindeira chegada da administración aberta ás 24 horas.
A Deputación de Lugo dá comezo aos seus cursos sobre administración electrónica
Compartir Este Artigo
