O lanzamento de God of War 3 para PS3 levou á reedición das súas 2 anteriores entregas (publicadas inicialmente para PS2) remasterizadas para funcionar en alta definición, pasos que tamén seguirán os xogos ICO e Shadow of the Colossus coa chegada de The Last Guardian, nun paquete que non parece querer quedar so nos estantes das tendas, pois varias tendas en liña están comezando a listar outros produtos semellante pese a non seren anunciados oficialmente. Estariamos a falar das sagas de Prince of Persia, Spliter Cell, Rayman, Tom Clancy e Mortal Kombat, que chegarían a xeito de triloxía.
Os recompilatorios Prince of Persia Trilogy 3D (que polo seu título dá a impresión que adaptouse ás funcións estereoscópicas da PS3), Splinter Cell Trilogy, Rayman Trilogy e Tom Clancy’s Trilogy (com Ghost Recon, Splinter Cell e Rainbow Six) chegarían o 4 de novembro por 39,99 euros, mentres que Mortal Kombat: HD Arcade Collection (con Mortal Kombat, Mortal Kombat II e Ultimate Mortal Kombat) chegaría o 18 de novembro por 29,99 euros.
Varias triloxías clásicas de PS2 reeditaranse para PS3
Compartir Este Artigo

