O terceiro trimestre de 2010 foi de todo menos tranquilo en materia de correo electrónico do que non se desexa e de infeccións por outra vía. Isto non o dicimos nós, senón Panda, que vén de presentar o seu informe sobre a circulación de spam e virus ao longo do devandito período, e sobre a incidencia de todo isto sobre nós os incautos internautas. Segundo se conta na investigación, os troianos volven a abranguer case toda a atención, xa que o 55% de tódalas novas ameazas que se crearon pertencen a esta categoría, e na súa meirande parte de tipo bancario. De xeito paralelo, os métodos e as canles polos que estas infeccións chegan a nós tamén varían, a medida que nos imos curtindo un pouquiño no emprego dos servizos de correos electrónicos.
Pois ben, con vistas a que xa sabemos diferenciar, máis ou menos, entre o que é spam e o que non o é, as infeccións chegan cada vez máis por métodos máis modernos, mediante o uso de funcionalidades das redes sociais (como o clickjacking, o botón de “Me gusta” de Facebook) ou a través de falsas webs moi visitadas ou mediante.
Amais disto, o sistema operativo de Google para smartphones, Android, tamén se converteu en branco para os hackers e xa foron rexistradas varias ameazas dirixidas a lograr sobrefacturación de servizos.
Polo que respecta ao spam, o correo electrónico lixo, dicir que abrangue a meirande porcentaxe do correo que se move na Rede, o 95%, o que dá unha idea do moito que se traballa na Rede para facerlles chegar aos internautas todo tipo de trapalladas. A metade de todo este correo lixo foi emitido dende só 10 países, estando o ranking encabezado por India, Brasil e Rusia.
Máis da metade do novo malware está constituído por troianos
Compartir Este Artigo
