Cando falamos de xogos deportivos tendemos a falar de fútbol, baloncesto ou outras prácticas masivas con moita presenza nas consolas de videoxogos, pero os novos sistemas de control de movemento permiten que agora poidan chegar outras disciplinas á nosa consola coma os dardos. Deste xeito a edición deste ano do PDC World Championship Darts: Pro Tour non só recreará con grande realismo as retransmisións televisivas (a través da canle Sky Sports) dos campionatos de dardos, senón que facendo uso do novo mando PlayStation Move da PS3 permitirá o xogo dun xeito natural e realista.
Agarrar o mando, apuntar e disparar será agora posible (como xa era na entrega para Wii desta franquía) pero ao levar esta experiencia á PlayStation 3 mellórase considerablemente o realismo do xogo, que vén acompañado por uns gráficos moi realistas, que incluso recrea á perfección a moitos xogadores deste deporte coma Sid Waddell, John Gwynn, Simon Whitlock, Mervin King, Gary Anderson, Robert Thornton, Jelle Klaasen e Colin Osborne.
Neste xogo poderase participar en distintos torneos (entre os que non falta o Campionato de Europa, pese a que os máis populares sexa o Gran Slam e o Las Vegas Desert Classic) e nos EE.UU. poderán gozar deste título dende o mes de novembro (a data europea de lanzamento aínda non foi anunciada).
PlayStation Move achega realismo aos xogos de dardos
Compartir Este Artigo

