A gala de entrega dos Premios Mestre Mateo, onde cada ano se dan cita os persoeiros máis destacados do panorama audiovisual do noso país, chega xa á súa novena edición, e para celebralo, a organización vén de anunciar que se celebrará en Ourense, onde contan cun festival de cine asentado de seu e onde nunca se celebrara anteriormente malia a tratarse duns premios itinerantes. A novena gala dos Premios Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de abril de 2011, celebrarase no Auditorio da cidade das Burgas, e nela daranse cita a principais estrelas do audiovisual galego, á cabeza de Xosé Manuel Olveira “Pico”, o presidente da Academia Galega do Audiovisual. A intención desta entidade, que organiza a gala dende o ano 2003, é que esta se convirta “na festa do audiovisual galego, na que se reivindica que o noso sector, a pesar de todo, está máis vivo que nunca coa posta en valor do noso audiovisual”.
Trátase dun evento itinerante que logo de pasar por Narón, Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo, chega este ano a Ourense, onde segundo indicou o propio rexedor, será acollida “con orgullo e coa intención de converter a cidade das Burgas na plataforma por excelencia do audiovisual galego”.
Ourense acollerá a vindeira gala dos Premios Mestre Mateo
Compartir Este Artigo

