
O xurado estará composto polos representantes das entidades que promoven e apoian estes premios: IGAPE, Secretaría Xeral de Modernización, Secretaría de Medios, Dirección Xeral de Promoción do Emprego, Universidade de Vigo – Escola Superior de Enxeñería Informática e Grupo Femxa.
Os membros do xurado, informa AGESTIC, estarán presentes e entregarán os premios no evento do día 14 de Outubro ás 12:00 horas no Centro ON de Caixa Galicia de Santiago de Compostela, Rúa Nova 33.
Os premios están abertos a todas aquelas pequenas e medianas empresas galegas, non só do ámbito tecnolóxico, senón tamén as que aposten polo desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), dada a relevancia empresarial e de mercado que as novas tecnoloxías están a acadar na sociedade actual e de cara á innovación.
As categorías que se premiarán son as seguintes: mellor idea de negocio 2.0, mellor emprendedor galego 2.0, mellor campaña social media, mellor iniciativa de apoio á innovación, mellor desenvolvemento 2.0, mellor aplicación para dispositivos móbiles, mellor solución tecnolóxica móbil, mellor deseño para todos, mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, mellor desenvolvemento de RSE e mellor desenvolvemento audiovisual en internet.
Últimos días para presentar proxectos nos premios á innovación que convoca AGESTIC
Compartir Este Artigo
