Co obxectivo de familiarizar aos inmigrantes nos usos e costumes da Sociedade da Información e non facer que os problemas de inclusión sexan máis grandes do que son, A Coruña e Betanzos acolleron os días pasados unha serie de actividades formativas de alfabetización informática. As accións, organizadas por Emigración, veñen de chegar ao seu remate logo de achegar coñecementos dixitais a un total de 30 participantes.
Aos actos de clausura e entrega de diplomas asistiu o director-xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, que estivo acompañado, en Betanzos, pola concelleira delegada en Sanidade, Servizos Sociais, Emigración e Xuventude do Concello de Betanzos, Mª. Jesús Teijo Antelo.
A iniciativa, que incluíu 25 horas lectivas e foi de balde, abrangueu cuestións básicas como o manexo dun computador, a procura e xestión da información ou o emprego de ferramentas informáticas como as aplicacións de ofimática. Asemade, aprendéuselles aos alumnos nocións fundamentais sobre redacción de textos ou traballos con táboas.
Un total de 30 emigrantes participaron nos cursos de alfabetización dixital da Coruña e Betanzos
Compartir Este Artigo
