
O escenario Open Green foi visitado polo alcalde de Madrid, Alberto Ruíz Gallardón, polo presidente do IFEMA, José María Álvarez del Manzano e máis polo secretario de Estado de Telecomunicacións, Bernardo Lorenzo.
Na xornada de apertura, María Fanjul (de StepOne), Enrique Domínguez (de Dialcom) e José María López (de Nextel) afondaron na potencialidade estatal no estranxeiro, perfectamente capacitada para adaptarse a situacións do máis variado, sinalaron. Tamén interveu no Open Green Carlos Barrabes, director de Barrabes.biz, quen sinalou como “fundamentos de toda innovación a posta en marcha dun bo produto e a capacidade de medre da empresa en base ao valor diferencial e á aposta polo talento”.
Open Green: palestra de innovación sustentable no salón SIMO Network
Compartir Este Artigo
