
Amais destas tomas de contacto xenéricas, a axenda tamén atenderá ao específico, dándolles ás firmas galegas participantes a posibilidade de concertar xuntanzas con empresas e entidades locais, pudendo aquelas xestionar as súas propias axendas ou ben delegar a tarefa na consultora contratada para tal efecto.
Polo que respecta ao programa destas xiras de promoción e internacionalización galega, ficaría deste xeito:
· Países Nórdicos. Entre os días 24 e 30 outubro.
Do 24 ao 26, chegada e visitas a Estocolmo, Suecia
27 e 28 de outubro, chegada e visitas a Oslo, Noruega
29 de outubro, visitas a Oulu, Finlandia
30 de outubro, regreso a Galicia
· Brasil. Entre os días 21 e 27 de novembro.
21 de novembro, chegada a São Paulo
Do 22 ao 24 de novembro, visitas a São Paulo
25 e 26 de novembro, visitas a Florianópolis
27 de novembro, regreso a Galicia
Documentación: as persoas interesadas en participar no tour de EGANET deberán enviar cumprimentado o formulario de inscrición por correo electrónico á seguinte conta de correo: info@eganet.org. Polo que respecta ao número de prazas, dicir que é limitado e que se fixa en 10 por misión, “sendo o criterio de selección a orde de entrada das solicitudes”.
EGANET organiza misións de promoción empresarial aos Países Nórdicos e a Brasil
Compartir Este Artigo
