INEO, asociación de referencia en novas tecnoloxías con máis de 80 empresas asociadas, vén de celebrar, esta mesma mañá en Vigo, un almorzo de traballo baixo o título Innovación en tempos de crise. O formato da xornada, a modo de debate aberto entre os participantes, permitiu que os asistentes formularan cuestións de interese en torno ao tema da innovación e que lles afectan directamente ás súas empresas.
O obxectivo deste evento era poñer en valor as oportunidades que a innovación lle ofrece ás pequenas e medianas empresas de calquera sector produtivo, “para fortalecerse e facer fronte á actual crise económica”. Tal e como se falou no debate, estas empresas “deben perder o medo a innovar e deben ser conscientes tamén da importancia de desenvolver boas ideas rompendo coa tendencia actual a elaborar proxectos adaptados ás convocatorias que presentan os organismos europeos”.
Estas e outras cuestións de interese xurdiron a partir das dúbidas plantexadas polas empresas do sector TIC asociadas a Ineo que participaron na xornada. Como experto en innovación a nível europeo, o almorzo contou coa participación de Andrea Rossi, director da unidade de Innovación dunha compañía internacional de servizos de Tecnoloxías da Información (TI) e destacado especialista en proxectos empresariais de innovación a nivel europeo.
Por outra parte, e en representación dun dos mais importantes centros tecnolóxicos de Galicia, participou tamén no evento Luis Álvarez Sestelo, administrador Xeral de GRADIANT, entidade de cuio patronato forma parte Ineo. Tamén asistiu a Directora Xeral de Ineo, Lucía Gregorio.
O almorzo de traballo estivo financiado polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) entidade dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Ineo desvelou en Vigo as claves da innovación en tempos de crise
Compartir Este Artigo

