
O vindeiro mércores a tenda de cancións para o SingStar de PlayStation 3 vai renovarse para incorporar distintos temas musicais entre os que podemos destacar algúns coma o Ma Baker de Boney M., Needy Girl de Chromeo, Big Big World de Emilia, You’re All I Need To Get By de Marvin Gaye & Tammi Terrell, Teenage Dirtbag de Wheatus, 4” de Amaia Montero, Crónicas de uma loca de El Barrio, Bombón de Merche, o clásico popeirode Polansky y el Ardor titulado Ataque preventivo de la URSS e un paquete de cancións de Girls Aloud. Unha interesante renovación de catálogo que precede á revolución que vivirá a franquía SingStar novembro, cando pasará de ser un simple xogo de karaoke para integrar baile e guitarra en SingStar Dance e SingStar Guitar respectivamente.

Song pack de Girls Aloud: – Love Machine – Biology – The Show – I’ll Stand By You – I Think We’re Alone Now
A SingStore incorpora novas cancións este mércores
Compartir Este Artigo

