Panasonic anunciou hoxe o seu novo dispositivo DIGA DMR-BF200, que cun tamaño de 65 x 210 x 194 milímetros e un peso de 2,2 quilogramos sería o gravador de vídeo con disco duro e gravadora de Blu-ray máis cativo do mercado, que amais pode colocarse tanto en vertical coma en horizontal.
O DIGA DMR-BF200 pode gravar en disco DB-R/RE e no seu disco de 320 Gb (o que permitiría gravar ata 290 horas en alta definición empregando un avanzado codificador MPEG-4 AVC/H.264), conta con saída HDMI, lector de tarxetas SD (para ver películas directamente dende tarxetas de memoria), Ethernet e conectividade con YouTube. Chegará ao mercado nipón o 15 de novembro a un prezo que estiman que podería andar polos 860 dólares (620,92 euros), dato non confirmado por Panasonic, compañía que tampouco anuncia as datas de internacionalización do produto.
Panasonic anuncia un cativo gravador de vídeo en disco duro e Blu-ray
Compartir Este Artigo

