O vindeiro 11 de novembro a franquía SingStar vai principiar unha das súas renovacións coa chegada do xogo SingStar Dance, que apoiándose no mando de movemento PlayStation Move animará aos usuarios a bailar, levando o nivel de diversión máis aló de xeito que poderemos ter partidas a catro xogadores simultáneos (2 cantando con micrófono e 2 bailando con PlayStation Move).
Este xogo exclusivo de PlayStation 3 chegará ao mercado español a un prezo de 29,99 euros cun repertorio de 22 cancións en español e 8 en inglés, con temas coñecidos de artistas coma Paulina Rubio, David Bustamante, Gloria Gaynor ou La Oreja de Van Gogh.
Concretamente o catálogo musical do xogo sería o seguinte: – Amaia Montero – 4″ – Amaral – Marta, Sebas, Guille y los demás – Bustamante – Abrázame muy fuerte – Chayanne – Torero – Coti – Nunca tendré – David Bisbal – Esclavo de sus besos – Dover – Let me out – Efecto mariposa – Por quererte – El canto del loco – Eres tonto – Julieta Venegas – Lento – La oreja de Van Gogh – Pop – Macaco – Tengo – Maldita Nerea – Cosas que suenan a… – Malú – Toda – Melendi – Como una vela – Miguel Bosé – Don Diablo – Mónica Naranjo – Pantera en libertad – Nena Daconte – Ay! Amor – Pastora – Lola – Paulina Rubio – Causa y efecto – Pignoise – Todo me da igual – Zenttric – Sólo quiero bailar – Gloria Gaynor – I Will Survive – Ricky Martin – Livin’ la Vida Loca – Pitbull – I Know You Want Me – Lady Gaga – Poker Face – Real to Reel – I Like To Move It – Black Eyed Peas – Shut Up – Gwen Stefani – What You Waiting For? – Backstreet Boys – Everybody
SingStar Dance estrearase cun catálogo de 30 cancións
Compartir Este Artigo

