
O senador nacionalista emprazou ao Goberno, en particular á ministra de Cultura, González Sinde, a tomar nota da sentenza da UE e proceder a introducir canto antes as modificacións lexislativas precisas para deixar sen efecto o cobro do canon. “Agardamos que a ministra emende a inxusta situación creada con este tema e corrixa a lei”, sinala Pérez Bouza.
A decisión da Unión Europea tamén tivo resposta do Partido Popular, que aproveitou para pedir a supresión inmediata do canon dixital, ao que cualificou de “imposto inxusto”. Para Esteban González Pons, vicesecretario de Comunicación do PP, trátase dunha taxa que vai contra a modernización de España e, perante isto, a Unión Europea recoñeceu o que era obvio.
BNG e PP dan boa acollida á sentencia europea contra o canon dixital
Compartir Este Artigo
