O anuncio do sistema de control de movemento para a PlayStation 3 foi acollido con diversidade de críticas, como as que apuntaban a que estabamos ante un plaxio descarado da Wii, ata os que denunciaban que con estas medidas Sony estaba a afastarse do seu público obxectivo, pero os consumidores non parecen facer caso a este tipo de comentarios, e durante as últimas semanas as vendas de PlayStation Move dificilmente poderían ter ido mellor, con 1 millón de unidades vendidas no seu primeiro mes nos EE.UU. e 1,5 millóns de unidades en Europa, descoñecéndose polo momento o volume de vendas no Xapón (onde promete ser elevado).
Jack Tretton, presidente e director xeral da división de videoxogos de Sony en EE.UU. declarou que tiveron que incrementar a produción dos mandos en 2 ocasións, para atender á forte demanda do PlayStation Move, que chegou a esgotarse en bastantes establecementos.
Estes bos resultados parecen ser o preámbulo do que achegará o Nadal, agardándose dende Sony un forte incremento das vendas en Europa, pretendendo rematar o ano fiscal con 15 millóns de PS3 vendidas (o que é unha cantidade máis que considerable se temos en conta que en toda a vida da consola vendéronse uns 38 millóns de unidades).
PlayStation Move superou o millón e medio de unidades vendidas en Europa
Compartir Este Artigo

