
Para rematar a faena, dende Gizmodo aseguran ter probado o Nexus Two de Samsung, que aseguran que é un terminal semellante ao Samsung Galaxy S, de cor negra, pantalla AMOLED de 4 polgadas e un deseño que parece máis delgado (aínda que iso podería ser unha mera sensación provocada pola curvatura da súa parte traseira).
Con estes rumores parece confirmarse que o sistema operativo que terá este novo terminal será o Android 2.3 Gingerbread, de xeito que o rumoreado 3.0.1 Honeycomb estaría dirixido a tablets. En poucos días sairemos de dúbidas, pois a presentación do novo móbil con Android de Samsung será o 8 de novembro, mentres que o lanzamento de Gingerbread está programado para o 11 de novembro.
Rumores sobre un futuro Nexus Two
Compartir Este Artigo

