
Varela, blogueiro e invidente, salientou na súa chegada a ocasión (informativa e socialmente falando) fornecida polo Camiño de Santiago, un punto de encontro dende o que lles foi posible lanzar unha mensaxe a prol da accesibilidade tecnolóxica para todas e todos e facer todo tipo de demostracións prácticas arredor destas vantaxes de inclusión.
Varela tamén fixo saber que a expedición partiu de Roncesvalles, e que nela participaron uns 30 camiñantes durante un mes, conseguíndose a implicación directa de máis de 2.000 persoas a través da unidade móbil que acompañou a caravana. Estes visitantes tiveron a oportunidade de coñecer de preto algunhas das máis salientables aplicacións e ferramentas tecnolóxicas que no mercado de hoxe inclúen servizos para mellorar a capacidade de manobra de persoas con diversidade funcional, como por exemplo un dispositivo GPS que funciona mediante ordes de voz e que posibilita a orientación de invidentes.
Segundo conta Galicia Hoxe reflectindo a chegada da expedición, Zubiri quixo destacar que este proxecto tamén serviu para amosar que aínda que moito por facer no Camiño no eido da accesibilidade e a sinalización, non só para os integrantes do colectivo, senón tamén para a xente que pode ver. Por certo que con estes datos recollidos a pé de campo, a Fundación Tecnoloxía Social levará a cabo un informe sobre a accesibilidade da ruta, amais dunha guía que incluirá información específica para os peregrinos con diversidade funcional.
Chegan a Compostela os peregrinos implicados nunha sociedade dixital accesible
Compartir Este Artigo
