Baixo o título Los caminos de la reactivación, a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) reuniu en Compostela aos principais empresarios chegados de toda España co fin de mellorar a confianza dos directivos e empresarios respecto do futuro inmediato.
Neste evento, que se desenvolveu durante dous días no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, as persoas participantes dispoñían dunha zona de ocio na que entre outras cousas podían xogar ao golf (nun simulador virtual), conectarse a Internet ou mesmo sentarse comodamente a descansar.
Asemade, neste mesma zona de lecer, foron moitas as persoas que se achegaron ao expositor de Galicidixital instalado para a Convención, onde puideron disfrutar dos seus contidos máis novidosos.
En total, sumando o número de persoas que asistiron a este evento cos mil cincocentos xornalistas que visitaron o Palacio de Congresos para seguir a visita do Papa en Compostela, as cifras achéganse ás tres mil setecentas persoas, que disfrutaron do mundo virtual da exposición itinerante máis popular de Galicia.
Deste xeito, todos aqueles que visitaron as instalacións da mostra no Palacio de Congresos a pasada semana tiveron a oportunidade de descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), xogar co canciño robot de fala galega, Axóuxere, ou converterse en tiraboleiros do Botafumeiro da Catedral de Santiago por un día, grazas ao tiraboleiro virtual.
Ademais, puideron tamén somerxerse nun mundo virtual a través da película en 4D Meta do Camiño, acompañada por efectos especiais de vento aroma e fume, onde un peregrino acompaña e ilustra ao visitante nun breve percorrido aos lugares máis relevantes da catedral de Santiago de Compostela. Algúns destes sitios non son accesibles doadamente para o visitante convencional, como o altar maior, o órgano, o sepulcro, os tellados ou o impactante botafumeiro que os vistantes poderán alcanzar coas súas propias mans.
A exposición itinerante Galiciadixital bate récords no Palacio de Congresos de Santiago
Compartir Este Artigo

