Torneos de videoxogos, obradoiros de modding, talleres de electrónica, concursos, exposicións, relatorios… e horas e horas de conexión a Internet. A Kutruparty deste ano volve a darlle aos seus participantes todo o que xa tiveron nas sete edicións anteriores porén nesta ocasión a comunidade internauta asistente vai levar unha grata sorpresa, xa que os 3 ou 4 días (como moito) que soe durar unha festa informática destas características, vanse converter en 6 días, facendo deste evento o máis longo celebrado ata o momento en Galicia.
Nesta oitava edición consérvanse o número de prazas (entre 350 e 400) e malia á crise, tamen se conservan os prezos da inscrición.
A maratón informática, que terá lugar do 3 ao 8 de decembro, incluirá actividades ás que xa nos tiña acostumados como os talleres de origami, os torneos de póker, os ciclos de cine lixo, e as charlas de alto nivel informativo, sen deixar de conceder lotes de premios e agasallos, como por exemplo, 25 camisetas exclusivas, que a AUSLAE (Asociación de Usuarios de Software Libre de A Estrada) entregará no recinto aos 35 participantes máis rápidos en completar o proceso de inscrición.
Na actualidade, o blog da Kutruparty, que tamén é unha novidade nesta edición, está a levar a cabo concursos e xa repartiu varios premios.
O prezo da inscrición, que se manterá aberta na Rede ata o vindeiro día 2 de decembro, segue a ser o mesmo que no 2009: 25 euros se o pago se fai por adiantado vía web ou 35 se se paga no propio recinto o día do evento.
A Kutruparty deste ano baterá records en Galicia
Compartir Este Artigo

