
O seminario está organizado en colaboración APCER (Associação Portuguesa de Certificação) dentro dun proxecto de carácter transfronteirizo cuxo principal obxectivo é “caracterizar o sector das TIC en Portugal e Galicia, amais de presentar as principais subvencións para a implementación e posterior certificación dos sistemas de xestión”.
Xunto coas liñas de axuda autonómicas e estatais (Plan Avanza), na xornada exporanse tamén varios casos prácticos de empresas galegas e portuguesas.
A continuación, damos conta do programa da actividade.
25 de Novembro de 2010,
9h00 Rexistro e entrega de documentación
9h30 Benvida e Inauguración
José Leitão, CEO APCER
Jorge Cebreiros, presidente de INEO / Lucía Gregorio, directora xeral Ineo
9h45 1ª Sesión: Axudas para o fomento do impulso do sector empresarial da Sociedade da Información.
10h15 2ª Sesión: Axudas do Plan Avanza para a incorporación das TIC nas pemes.
10h45 Pausa Café
11h15 3ª Sesión: As TIC en Galicia ‐ Casos prácticos, Proxectos e Subvencións.
Javier Regueira, Lambda Calidade e Tecnoloxía
11h45 4ª Sesión: Sistemas de xestión de servizos de tecnoloxías de información – ISO20.000.
Caso práctico
Empresa de Portugal
12h15 5ª Sesión: Sistemas de xestión Seguridade da Información – ISO 27.001. Caso práctico
Empresa Galega
12H45 Debate
13H15 Clausura
Ineo empraza ás firmas galegas nun seminario sobre modelos de xestión en TIC
Compartir Este Artigo
