Mañá chega ás tendas de videoxogos o título Assassin’s Creed: La Hermandad, aventura que retoma as andanzas de Ezio Auditore, protagonista da segunda entrega de Assassin’s Creed, xusto no remate de tal xogo, o que supón topar unha nova historia e máis habilidades de combate, así como a posibilidade de cooperar con outros asasinos para rematar as misións asignadas. Neste última liña La Hermandad tamén contará cun modo multi-xogador en liña no que haberá que eliminar a outros xogadores repartidos pola cidade antes de que cumpran os seus obxectivos, o que contribuirá a incrementar a vida do xogo.
Temos así que o que nun principio parecía unha mera expansión de Assassin’s Creed II pode converterse nun título de peso, recibindo xa mellores críticas que as súas anteriores entregas, o que parece unha garantía de éxito.
Novo xogo da saga Assassin’s Creed
Compartir Este Artigo

