O Proxecto Trasno, que dende o pasado 16 de novembro está a celebrar un curso de Tradución ao galego de aplicativos libres na Universidade da Coruña, no que varios expertos na tradución de software libre levan a cabo a formación das persoas interesadas neste eido, vén de lembrar que tanto a xornada de hoxe venres como a do vindeiro luns 22, serán de portas abertas para as persoas non inscritas no curso na sesión de tarde, que se desenvolve entre as 16:15 e as 19:45 horas.
Neste senso, o persoal responsable das xornadas de formación informan que as persoas interesadas en aprender a traducir aplicativos libres á nosa lingua poden acudir á UDC e unirse ás devanditas sesións, sen que precisen traer equipos da casa para realizar o curso.
A formación, que como apuntamos en días pasados neste mesmo medio, consta de 33 horas con módulos teóricos e prácticos, está deseñado para formar aos asistentes na internacionalización e localización de software libre, e está a ser impartido por varios dos voluntarios e expertos máis activos na tradución de software libre ao galego a día de hoxe.
O curso de tradución de software libre de Trasno ábrelle as súas portas a todo o público
Compartir Este Artigo

