O Concello de Brión foi (como de cote) o que máis se adiantou aos demais concellos da comarca ao preparar o seu programa de actividades para este Nadal, e xa vén de anunciar que entre as sorpresas que garda na chisteira, haberá unha videoconferencia con Santa Claus para que os máis cativos da casa pidan os seus agasallos directamente e sen intermediarios.
Esta actividade está especialmente preparada para que uns douscentos cativos e cativas de Brión (de entre 2 e 5 anos) poidan participar, entre o 15 e o 17 de decembro, en tres videoconferencias co ancián máis querido destas datas, que se conectará dende Laponia.
O programa Nadal 2010, tamén inclúe unha intensa programación de actividades culturais, que terán como obxectivo permitir que as familias do Concello poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións do Nadal dos nenos e nenas da casa.
Brión prepara unha videoconferencia con Santa Claus para este Nadal
Compartir Este Artigo

