A Obra Social de Caixa Galicia vén de dar a coñecer o nome do gañador do certame de fotografía medioambiental Este é o meu habitat. O concurso, que a entidade galega organizou e coordinou ao longo do mes de outubro no seu espazo de Facebook, recaeu nunha imaxe na que se amosa a un mimo limpando unha rúa. A fotografía, que foi a que máis votos obtivo dos internautas na dita rede social, é obra de Eladio Juan Torres Castro de Pontevedra.
O fotógrafo gañador, en virtude dos recoñecementos dos que foi obxecto, terá o privilexio de pasar unha noite no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, en plena Ribeira Sacra. Tamén resultaron gañadores do certame, no apartado de socios de Ciberalia A Coruña, Anahir Bejar e Javier Casal, que recibiron dúas entradas para dúas persoas no spa de Termaria. Segundo informa Caixa Galicia, no concurso participaron arredor de 50 fotógrafos. O obxectivo era plasmar unha ollada colectiva a diferentes xeitos de contribuír a mellorar o noso medio ambiente.
Xa hai gañadores do concurso fotográfico que Caixa Galicia desenvolveu no Facebook
Compartir Este Artigo
