O Clúster da Edición, Librarías e Comercialización de Galicia, coñecedor de que o futuro dos libros pasa por adaptarse aos formatos dixitais, e consecuentemente dar o chispo definitivo á Rede, vai celebrar, o vindeiro luns 29, unha xornada informativa destinada ás empresas do sector libreiro e editorial.
O acto terá lugar na sede do Centro Cultural Caixa Galicia da Coruña e nel, o Clúster do Libro pretende afondar no debate arredor de cuestións de actualidade no ámbito do libro, así como nas industrias colaterais. A incerteza que causa a chegada do libro electrónico ou a súa comercialización a través da Rede son temas que preocupan a este sector e que se tratarán nesta xornada con expertos na materia.
O sector atópase nun entorno cambiante, onde a innovación é a clave para non caer no esquezo e seguir pelexando por facerse un óco no mercado. Por iso, o relatorio do día 29, que chega da man da empresa Abertal, centrarase na Comercialización dixital do libro galego, para Libreiros e Editores; nos Contidos interactivos para o sector editorial e na legalidade das descargas, con relatorios impartidos por expertos na materia do bufete de avogados Pintos&Salgado. O acto de apertura das Xornadas virá da man de María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura da cidade da Coruña.
O Clúster do Libro amosa en A Coruña como vender obras na Rede
Compartir Este Artigo

