Por fin chega ás tendas españolas Epic Mickey, un xogo exclusivo para Wii que permítenos enfundar as luvas brancas do rato Mickey nun orixinal xogo de plataformas de acción e aventura no que o personaxe máis icónico de Disney debe fuxir do mundo de Páramo, onde están exiliados os personaxes animados esquecidos cando o público non se interesa por eles.
En Epic Mickey pode empregarse a pintura e o disolvente para pintar ou borrar personaxes e decorados de Páramo (o que afectará á progresión do heroe, xa que os actos terán consecuencias), o que dá un toque moi orixinal a esta aventura para toda a familia.
Sae á venda Epic Mickey
Compartir Este Artigo

