
A cita de mañá en Santiago de Compostela, tivo que cambiar de emprazamento por un exceso de demandas polo que pasará a celebrarse no Hotal AC, Palacio del Carmen.
Ademais de dar a coñecer as vantaxes desta central en liña, as xornadas teñen como obxectivo fomentar a comercialización e presenza dos establecementos rurais en Internet, ao tempo que intentaran solventar e crear unha simbiose entre as novas tecnoloxías e o medio rural galego, territorio de actividades dos aloxamentos rurais que compoñen o Turismo Rural.
Os relatores encargados de transmitir a información, ofreceranlle aos empresarios do sector do Turismo Rural do noso país as ferramentas necesarias para que optimicen os seus propios recursos comunicacionais e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet.
Vídeo promocional do evento
Turgalicia cambia o emprazamento de TurisTIC en Compostela por exceso de demandas
Compartir Este Artigo

