Proseguen adiante as accións de implantación de ABALAR, a iniciativa da Xunta para dixitalizar as nosas aulas. Esta mesma semana, sen ir máis lonxe, comezamos cunha análise en detalle das actividades de abalarización que se levan a cabo no CEP Doutor Fleming de Vigo, actividades das que deron conta in situ o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e máis o ministro de Educación, Ángel Gabilondo. No devandito centro, ámbolos dous tiveron ocasión de tomarlle o pulso ao proceso de despregue de ABALAR, un plan galego que integra o Escuela 2.0 que puxo en marcha o Ministerio. Segundo fixo saber o propio conselleiro durante a visita, nestes intres xa está “adquirido e practicamente distribuído o equipamento para as máis de 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO beneficiadas deste ambicioso plan neste curso 2010-2011”.
Asemade, sinalou, a día de hoxe o 100% do equipamento da aula dos centros públicos foi distribuído e xa está nos centros.
Volvendo á escola de Vigo que foi obxecto da visita, dicir que dá acubillo a máis de cincocentos estudantes matriculados, dos que 80 (os que corresponde a 5º de primaria) xa lle están a dar uso ao equipamento tecnolóxico despregado.
Novos informes sobre ABALAR dende o CEP Doutor Fleming de Vigo
Compartir Este Artigo
