Por menos de 17 euros ao mes, concretamente por 16,90 euros, os clientes de Telefónica que contraten a acabada de estrear tarifa Deberes, a que segundo afirman é “a primeira tarifa para ADSL do mercado”, poderán disfrutar de luns a domingo entre as 17:00 e as 21:00 horas, dunha tarifa plana de navegación con velocidades de baixada de 1Mb e 360 Kb de subida, así como de servizos de balde adicionais que detallamos a continuación.
Movistar ADSL Deberes, como se fai chamar o paquete lanzado por Telefónica para adherirse ao Programa Escuela 2.0, inclúe un router sen fíos de balde en aluguer, 5 buzóns de correo e espazo para páxina web de 10 Mb.
Adicionalmente, a compañía de telefonía vén de estrear a tarifa Movistar Internet Móbil Deberes, que complementa á anterior e que incorpora unha tarifa plana de datos ilimitada no mesmo horario. Asemade, permite tódolos días da semana, a descarga de datos a través da rede 3G/HSPA, cun MODEM 3G de balde se se adquire o contrato de compromiso de permanencia de 12 meses; todo, por 9,5 euros ao mes.
Ambas tarifas, que supoñen un aforro considerable en comparación coas que había ata o momento, están especialmente dirixidas aos pais e nais, ou titores legais de alumnos escolarizados nos niveis 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria, cuxos centros educativos desenvolveran o Programa Escuela 2.0.
Tanto Movistar ADSL Deberes, como Movistar Internet Móvil Deberes, incorporarán servizos de balde adicionais como Canguro Net, un servizo de filtrado de contidos que protexe aos usuarios de contidos pouco axeitados en Internet, e Aula365®, un servizo de apoio escolar para nenos de entre 6 e 16 años que incorpora recursos multimedia para unha aprendizaxe, segundo afirman, “máis activa e atractiva”.
Telefónica lanza a tarifa plana Deberes, para a Escola 2.0
Compartir Este Artigo

