A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña (UDC) vén de anunciar a celebración, durante os días 1, 2 e 3 de decembro, das segundas Xornadas de software libre e GNU/Linux para usuarios noveis, coas que se pretende formar ás persoas asistentes no uso e manexo das ferramentas máis básicas baseadas en fontes abertas.
Estas xornadas, que son de balde e con aforo limitado, pretenden dar un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándose especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicacións informáticas libres e multiplataforma.
A actividade vai dirixida ao público xeral, sen moita experiencia no tema, e terán lugar na Aula.Master na planta 0 da Facultade de Informática do Campus de Elviña a partir das 16:30 horas.
As persoas que acudan recibirán cadanseu certificado de asistencia.
A UDC organiza as II Xornadas de software libre e GNU/Linux para principiantes
Compartir Este Artigo

