Durante a pasada fin de semana, co gallo dos Video Game Awards organizados por Spike TV, puidemos coñecer que o xogo Mortal Kombat, que chegará para PlayStation 3 e Xbox 360 para resucitar esta saga de xogos de loita co que promete ser unha volta ás orixes, contará cun convidado moi especial, que non é outro que Kratos, o protagonista de God of War, quen xa aparecera coma personaxe especial no Soul Calibur: Broken Destiny para PSP (e incluso estivo presente en ModNation Racers). Pero as novidades non quedan aí, e a páxina web da cadea de tendas GameStop vén de listar as versións especiais do xogo, que serán unha luxosa Tournament Edition, que inclúe un mando arcade fabricado con pezas de Suzo Happ e distintos contidos descargables por un prezo de 149,99 dólares (112,34 euros), aínda que tamén será posible adquirir un paquete especial máis económico (99,99 dólares/74,89 euros) que prescinde do mando arcade pero inclúe unha figura coleccionable dos personaxes Scorpion ou Sub-Zero que funciona a xeito de suxeita-libros. Tamén inclúe un libro de ilustracións do xogo e contidos descargables. Aínda non se confirmou a comercialización destas edicións nin os seus prezos en España.
Trailer de Mortal Kombat no que anuncian a presenza de Kratos
O novo Mortal Kombat terá impresionantes edicións especiais
Compartir Este Artigo

