O xornal dixital, lainformacion.com vén de publicar a fotografía máis grande que, segundo eles, “xamais se fixera de Madrid”, formada a partir da unión de 1700 imaxes ligadas en 6 panoramas, cun total de 40 Gb de resolución total.
Nela pódense atopar vídeos sobre acontecementos recentes da cidade e obter información dos principais sitios de interese da capital dunha maneira orixinal.
O proxecto comezou hai preto de dous anos, e está claramente inspirado na produción de Arnaud Frich en París do ano pasado.
Practicamente emprega a mesma tecnoloxía, porén introduce algúns cambios como a visión nocturna e a posibilidade de observar a cidade dende distintos puntos.
As persoas que o desexen poderán compartir en Twitter e Facebook calquera punto da peza e poderán escoller entre ver Madrid de noite ou de día.
Publicada na Rede a maior fotografía de Madrid feita nunca
Compartir Este Artigo

