FX Interactive, selo especializado en xogos a prezos ben accesibles, vén de presentar a edición coleccionista do Drakensang, unha edición limitada do xogo virtual de rol que a compañía quere presentar como un dos agasallos estrela da tempada para as nais e pais que sexan requiridos pola rapazada para mercar un videoxogo e non queiran deixarse un ril na tentativa. O paquete, amais do xogo en si mesmo (o título orixinal), incorpora as secuelas The River of Time e Phileasson´s Secret, xunto coa banda sonora e todo a un prezo de 19,95 euros.
A nova edición do xogo, que se apoia no éxito precedente da proposta (hoxe en día empregada por uns cinco millóns de xogadores en todo o mundo), vén con feitura de edición de luxo, con caixa específica e número limitado de entregas. Por certo que o CD que inclúe o paquete, unha épica composición orquestral de aires máxicos, escolma ata 36 temas extraídos da saga.
FX Interactive lanza unha edición para coleccionistas de Drakensang
Compartir Este Artigo

