O novo Winning Eleven nas páxinas da revista FamitsuO último número da revista xaponesa Famitsu desvela varios títulos para Nintendo 3DS coma Doctor Lautrec and the Forgotten Knights (que parece estar claramente inspirado nas aventuras do profesor Layton), o xogo de disparos Dream Trigger 3D e o prometedor Winning Elevent 3DSoccer, contando este último con páxina web oficial na que podemos ver varias imaxes do xogo que en occidente podería ser o Pro Evolution Soccer 3DS, de xeito que a franquía futbolística de Konami atoparía na 3DS un campo de xogo no que compensar a caída de calidade provocado polo salto de xeración nas consolas domésticas (as últimas entregas do PES non dan a talla en PS3 e Xbox 360) achegando unha experiencia 3D a estadios coma o Camp Nou o Santiago Bernabeu, cunha sensación de profundidade que suporá unha auténtica revolución para este tipo de xogos, aínda que é de agardar que ata a segunda metade de 2011 non poidamos ver este título no noso mercado.