Coa intención de promover o sector turístico das costas galegas alén das nosas fronteiras e convertelo no destino favorito para o turismo de todo o mundo nos vindeiros meses, a central hoteleira Hotelalia, que xa leva preto de 15 anos traballando na Costa da Morte, vén de crear a primeira Central de Reservas On line para esta zona, na que aplica “todos os seus coñecementos e experiencia sobre o turismo e Internet”.
Ademais de permitir facer reservas en liña e pagar directamente ao chegar ó hotel, a web Hotelescostadamorte.com permite seleccionar o destino escollido de entre unha boa selección de hoteis, e complementa esta información con extensas guías de cada unha das poboacións, para axudarlle ao turista a coñecer todas as posibilidades que ofrece este destino mesmo antes de sair da casa.
A web da acollida, asemade, á selección de aloxamentos máis extensa de toda a Costa da Morte (con situación no mapa incluída), así como a distintas ofertas que os locais ofrecen en datas especiais.
Creada unha central de reservas en liña para a Costa da Morte
Compartir Este Artigo

