
En resposta a unha pregunta parlamentaria, a responsable de novas tecnoloxías do Goberno galego indicou que «non se pode rachar dun día para outro coa infraestrutura tecnolóxica preexistente na Xunta». Neste sentido, Mar Pereira destacou que o Goberno galego dispón agora dun Plan de actuación para o software libre, que terá continuidade no 2011 e que está a desenvolvelo «con decisión, e o que nunca vai facer é deixar vulnerable e sen mantemento ou soporte a infraestrutura tecnolóxica que están a utilizar os empregados públicos».
Trátase do Plan de Acción de Fomento do Software libre, que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, a estratexia tecnolóxica da Xunta, e que establece 21 medidas que desenvolve a Administración autonómica e outras 60 en colaboración cos axentes implicados. É un Plan consensuado coas tres universidades galegas, as asociacións empresariais e de usuarios do software libre cun orzamento de 800.000 euros que se instrumentalizaron a través da sinatura de convenios cos diferentes axentes.
Mar Pereira insiste en que a Xunta continúa a apoiar o Software Libre
Compartir Este Artigo
