Inditexjobs.com, a web específica de emprego da compañía de Amancio Ortega (como sabemos, propietaria de Zara e Pull & Bear, entre outras cadeas de venda de roupa), vén de dar a convocar unha oferta de traballo para case 600 persoas, a metade destes postos para o ámbito do territorio español. Segundo se reflicte en El Correo Gallego a través dunha investigación que comezou en portalparados.es (onde se dá conta destas achegas de emprego de Inditex), a maior parte destes postos afectarían a tendas de Barcelona e Madrid, incluíndose establecementos de Zara, Oysho, Bershka ou Pull & Bear.
Segundo fai saber este portal a web laboral de Inditex é de visita obrigada para as persoas que estean buscando un posto no grupo galego, xa que entre outras cousas (e logo de achegar os datos persoais do demandante), brinda a posibilidade de participar nas máis diversas ofertas de actividade no seo da empresa téxtil.
