
A taxa de participación nestas actividades formativas TIC foi alén do 96%. O persoal asistente a estas accións salientou de xeito positivo “a calidade” da forma e do fondo do achegado, amais da metodoloxía usada.
Cómpre lembrar que Minerva Nox é o novo sistema de xestión da xustiza galega, e pola súa implicación (incorpora un fondo refundamento do control da información da dito eido administrativo) precisou da posta en marcha de medidas de asesoramento e de aprendizaxe paralelas. As accións diríxense sobre todo a funcionarios do corpo de Xestión, Tramitación e Auxilio, así como xuíces, fiscais e secretarios xudiciais. A día de hoxe xa están mobilizados preto de 600 asistentes para os vindeiros cursos, sendo o obxectivo formar un total de 2.000 profesionais. “Con este plan formativo que remata no primeiro semestre de 2011”, informa a Xunta, “o Goberno galego dálle continuidade á formación que comezou no mes de maio durante o proceso de implantación da dita Minerva Nox”.
1.600 horas de formación TIC para os traballadores da xustiza galega
Compartir Este Artigo
