
Este erro, probablemente herdado de anos e máis anos de prácticas cartográficas ligadas ao poder estatal e/ou militar, xeralmente pouco dado a respectar a cultura dos pobos que abrangue, esténdese tamén a casos como “El Ferrol” (e menos mal que non lle puxeron o de “De El Caudillo”), “Villalba”, “Orol” ou “San Saturnino”, entre outros moitos.
Entre a listaxe de despropósitos chama a atención algún que dende logo costa recoñecer e para os que probablemente non haxa en todo o país un só defensor, como é o caso de “El Valle del Oro”, un lugar situado en Lugo que poderíamos identificar con Valadouro e que nos serve para facernos unha idea da falta de tino destes e outros mapas, ben pouco útiles dende logo se queremos ir de viaxe e establecer contacto coa xente de lugar. Dito doutro xeito: non temos ningunha necesidade de quedar de parvos preguntándolle a un veciño de Valadouro se coñece por onde se va a “El Valle del Oro”. A Rede avanzou, o coñecemento supostamente tamén, e xa non terían porqué darse estas imprecisións. O mesmo podemos dicir de “La Teijeira”. Quen, no seu xuízo san, tería azos de falar deste xeito no propio núcleo da Teixeira? Para máis información sobre esta nova achega de topónimos erróneos e a traxectoria plural da empresa que os promove, cómpre botarlle un ollo a esta completa reportaxe de Xornal.com.
Microsoft aposta polos topónimos galegos deturpados nos seus servizos de mapas
Compartir Este Artigo
