Estamos afeitos a que en cada entrega dos xogos de Tomb Raider o seu personaxe protagonista, a icónica Lara Croft, vexa progresivamente cambiada a súa aparencia, pero o número de xaneiro da revista Game Informer sorprende amosando na súa portada o que parece ser o renacemento de Lara Croft, nun xogo que a xuízo de Darrell Gallagher, máximo responsable do estudo Crystal Dynamics, faranos esquecer todo o que sabemos desta saga, pois están a explorar elementos que nunca se viran na mesma, narrando unha aventura que redefinirá a Lara Croft.
O xogo parte cunha nova e inexperta Lara Croft que deberá adiviñar ata onde quere chegar para manterse viva despois dunha tormenta que destrúe o barco no que viaxa. Esta aventura pola supervivencia chegará en versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, carecendo de data de lanzamento fixada.
Lara Croft reinventarase no seu vindeiro xogo
Compartir Este Artigo

