
O prazo de execución destas iniciativas remata o 30 de setembro de 2011, e o prazo de presentación faino o 31 de xaneiro deste mesmo mes. Segundo indica o Instituto galego, poderanse cubrir e obter os formularios mediante aplicación informática ata as 14.00 horas da devandita xornada de remate do prazo de presentación. Entre os sectores incentivables tecnoloxicamente nesta partida de axudas do IGAPE figuran actividades empresariais do máis variado: dende a construción ás actividades artísticas, pasando polo comercio, o transporte, a hostalería, os servizos sociais ou as comunicacións. Polo que respecta á contía das axudas, cubrirán un mínimo do 15% e un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables.
Aberto o prazo para solicitar as axudas de equipamento informático do IGAPE
Compartir Este Artigo
