A pouco máis dun mes para a súa chegada ás tendas, dan a coñecer 2 novos personaxes que formarán parte do cadro de loitadores de Marvel vs Capcom 3, que son vellos coñecidos dos afeccionados do xénero coma Mike Haggar (alcalde de Metro City e personaxe de Final Fight) e Jean Grey (da Patrulla X) na súa encarnación do Fénix (converténdose en Fénix Escura nun dos seus ataques).
Temos aquí dous novos personaxes de grande forza que completan un total de 34 loitadores confirmados. Moitos dos futuros compradores deste título tamén agradecerán que se incorpore ao mesmo un modo de xogo sinxelo que facilitará o aprendizaxe dos múltiples e complexos ataques posibles que supoñan unha barreira de entrada importante para os usuarios menos experimentados, de xeito que as técnicas máis potentes estarán bloqueadas de xeito predeterminado (recomendan comezar a xogar neste modo, non pasando ao xogo completo ata desenvolver a pericia necesaria para non verse frustrado ante potentes ataques aparentemente imparables).
Vídeo de presentación de Haggar
No primeiro vídeo de Fénix podemos ver que Jean Grey tamén lanza ataques coma Fénix Escura

